XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE
BIOGRAFÍA
(Pontevedra 1906-1996)
Sendo estudante en
Pontevedra, desde os 13 anos, asiste ás xuntanzas de Losada
Diéguez, Castelao e Casto Sampedro e ás de Pérez Costanti e Cotarelo, en
Compostela, apaixonándose polo traballo de campo en equipo e
interdisciplinar. De contado comeza a investigar e publicar e, antes dos
19, anos xa é correspondente da RAG.
Acada
a Licenciatura en Historia en 1927 (Zaragoza) e en 1928
(Santiago) a Licenciatura en Dereito con Premio
Extraordinario; en 1935 (Madrid); o doutoramento en Lingua e Literatura
Galego-Portuguesa coa tese La Cantiga CIII: noción del tiempo
y gozo eterno en la narrativa medieval). Tamén no 1935, aproba a Cátedra
de Instituto de Lingua e Literatura Española. Catedrático en Lugo primeiro
e dende 1939 en Pontevedra (director entre 1946-1976).
Participa
na creación,
en 1923, do Seminario de Estudos Galegos; en 1927, do Museo de Pontevedra
(director entre 1940-1986); en 1944, do Instituto Padre Sarmiento de Estudios
Gallegos (presidente en 1972); en 1948, da pioneira Editorial Bibliófilos
Gallegos; do Consello da Cultura Galega (presidente dende 1990); na
recreación, con Díaz Pardo, do Seminario de Estudos Galegos (1978);
na orientación cultural da Fundación Barrié.
Colabora (1936-1957) na
elaboración d’O Gaiteiro de Lugo, folleto que fai monolingüe galego
(chegáronse a vender 50.000 exemplares). Ordena e edita o Cancioneiro
Musical de Galicia de Casto Sampedro (1942) e o Inventario de
la riqueza monumental y Artística de Galicia; intervén na edición do Cancioneiro de
Bal y Gay; e impulsa a primeira tradución da Biblia ó galego.
Investigador,
escritor e xestor cultural, Filgueira (membro dunha ducia de Academias galegas,
españolas e estranxeiras), contribuíu á comprensión do que foi, é e pode ser
Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario